CRTVG

Buscar

Visitas a museos e acuarios, a alternativa de ocio con nenos en Galicia, se chove

Publicado o 14/04/2019 16:54

Diante do mal tempo, as visitas a museos e acuarios son unha das grandes alternativas de ocio para as familias con nenos. Dentro das actividades da Casa dos Peixes na Coruña, alimentar as focas é das que máis expectación esperta.

Poder ver un tiburón somerxido entre un barco afundido e outros peixes é un dos alicientes da visita á Casa dos Peixes da Coruña. Pero a hora de comer das focas é sen dúbida unha das actividades favoritas para os nenos e para os maiores tamén.

Falan os visitantes: "De último imos ir á sala do tiburón. Gustoume moito o das focas e era moi curioso porque nadaban boca abaixo, aínda que nin sequera teñen oídos, só teñen buracos".

"Hai moitos xogos no museo".

"Están super entretidos, aos nenos encantoulles, sobre todo a este encantáronlle os barcos que hai dentro para xogar. Si, moi interesante para adultos e nenos, hai moitas cousas dos peixes que non sei. Está moi ben o plan".

"Si, é algo moi bonito, algo diferente para facer cos nenos a fin de semana ou cando se poida e moi ben, moi bonita a experiencia. E a ver aí o resto é cuberto e aquí fóra por agora deixounos gozar do espectáculo, como lle dan de comer".

Citas coma esta, que mesturan unha xornada de ocio con aprendizaxe, enchen as axendas de familias, vacacionistas e turistas nas fins de semana e festivos en Galicia e máis aínda se chove.

Noticias web

14/04/2019