Visitantes de toda Galicia descobren a Ruta do Viño da Ribeira Sacra
Visitamos a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, dentro das décimas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia que se está a desenvolver estas fins de semana polas cinco denominacións de orixe galegas. Os visitantes coñecen as adegas, proban os viños e achéganse ao xeito de vida da xente da Ribeira Sacra.
No ecomuseo do pazo de Arxeriz, no Saviñao, descobren un xeito de vida que xa non existe, a carón da Ribeira do Miño, terra fértil e de cultivos como o viño, agora e antes da construción dos encoros.
Unha cultura fluvial con artes de pesca propia, coma a das anguías no Miño, que combinaban coa viticultura.
E desde o Saviñao ata Belesar descobren a paisaxe única da Ribeira Sacra do Miño e os seus viñedos. Luís recíbeos na adega Vía Romana para contarlles como manteñen viva dese hai centos de anos a viticultura heroica.
Historia e modernidade ligada á terra e ao ríos Miño e Sil que lles transmiten carácter a uns viños brancos e sobre todo, aos tintos coa uva mencía, a estrela da Ribeira Sacra.
E as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos viños de Galicia continúan a vindeira fin de semana polo Ribeiro.