Un Belén que representa un Rianxo en miniatura
Publicado o 08/12/2019 21:24
Nel podemos ver os veciños e os lugares máis senlleiros da vila
Miren este Belén que representa a vila de Rianxo. Nel podemos ver os veciños e os lugares máis senlleiros do lugar. O portal de belén está dentro dunha nasa e os reis viaxan a bordo dunha Manuela. Non hai rianxeiro ilustre que non apareza no nacemento. Xunto aos mariñeiros e as redeiras, atpamos emigrantes, escritores ou músicos. Ninguén queda fóra deste Rianxo en miniatura. Detrás destas obras de arte están as mans das mulleres da asociación Ondiñas Mainas que dedican moitas horas a elaborar cada figuriña.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 21:26
02/03/2021 21:14