CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Visitamos o Ribeiro na Xornada de portas abertas nas adegas galegas

Publicado o 01/06/2013 14:56

Guiados polo adegueiro, os visitantes coñecen de primeira man as variedades autóctonas do Ribeiro. Nun paseo entre as vides percorren a historia da máis antiga Denominación de Orixe Galega. E descobren os segredos da elaboración do seu viño.

É a Segunda Xornada de Portas Abertas das rutas dos viños galegos en que participan 66 adegas. Unha viaxe das vides ao viño, cunha cata comentada para saborear os matices deste Ribeiro.

Ademáis, en cada zona vitivinícola os restaurantes elaboran menús cun prezo especial maridados cos caldos da terra. O enoturismo tamén aposta pola calidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí