Visitamos a galería A Solaina de Lugo con Ania González: unha mostra colectiva nada da convivencia artistica
Publicado o 29/09/2021 17:19
A Solaina, na rúa de San Roque 17 en Lugo, é un espazo de creación, exhibición, traballo colectivo e venta de arte, moda e autoedición que está xestionado polas artistas lucenses Antía Carreira e Sergio Marey. Un proxecto de iniciativa privada que nace en setembro de 2020, en plena pandemia e que celebra agora o seu primeiro aniversario coa exposición colectiva 'Ao Caraño'.