CRTVG

Buscar

Visitamos a feira Vivaness de cosmética ecolóxica, un sector en auxe

Publicado o 14/02/2019 21:40

A cosmética é un dos sectores en que máis medra o mercado ecolóxico. E para mostra, o salón Vivaness, ateigado de xente que se coida por dentro e por fóra.

Cueiros, colonias, cremas... os produtos para o coidado natural do bebé estan en auxe. Tamén proliferan as marcas de alta cosmética que incorporan liñas ecolóxicas nos seus catálogos.

Cada vez son máis tamén os que miran polo medio ambiente á hora de limpar a roupa ou o fogar.

En Galicia hai iniciativas que fan cosmética natural con produtos do agro. Algunhas teñen a certificación, así que é posible que nun futuro poidamos velas aquí, no maior escaparate ecolóxico do mundo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019