Visitamos a 'capela sixtina galega', a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño
Publicado o 22/02/2019 21:48
Se buscan un plan alternativo ao Entroido para gozar desta fin de semana, facémoslles unha proposta: visitar a 'capela sixtina galega' Así é como se coñece popularmente a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada, cun dos mellores conxuntos murais do renacemento. E comprobarán que para descubrir a auténtica beleza non fai falla ir tan lonxe.