CRTVG

Buscar

Visita virtual á vila romana de Toralla grazas a unha aplicación móbil

Publicado o 10/08/2017 13:30

Co noso dispositivo na man podemos percorrer un dos xacementos romanos máis interesantes de Galicia, dos séculos IV e V antes de Cristo

O pasado e o futuro conviven na vila romana de Toralla en Vigo. Co noso dispositivo Android na man podemos percorrer un dos xacementos romanos máis interesantes de Galicia, dos séculos IV e V antes de Cristo, a vila de Toralla actualmente musealizada conta cunhas termas dignas dun spa actual, zona residencial, zona produtiva, explotación agrícola, gandeira e mesmo unha saíña.

Se non se fixeron xa unha idea todos os xoves ás oito do serán unha representación teatral revive cómo era a vida diaria dos romanos que viviron aquí hai 26 séculos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2017