CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Visita Vigo un veleiro adaptado a persoas con diversidade funcional

Publicado o 01/07/2018 12:48





Imos amosarlles agora un veleiro especial. Adaptado para que persoas con diversidade funcional tamén poidan gozar do mar e do deporte da vela.



Navegar nun veleiro e sucar os mares é parte do soño dos tripulantes do Tenacious. A bordo deste barco viaxan 56 persoas, pero só 16 forman parte da tripulación fixa. O resto enrólase para unha travesía e a metade ten algún tipo de discapacidade. Xuntos, farán todos os traballos.

No chan as marcas indican o camiño para aqueles que non ven, mentres que nas varandas hai sinais para que poidan saber onde se atopan. Tamén hai ancoraxes para amarrar as cadeiras de rodas se o mar se pon bravo mentres traballan.

O veleiro pertence a unha organización destinada a fomentar a integración das persoas con algunha discapacidade.