CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez compromete a axuda do Goberno ás zonas afectadas

Publicado o 14/09/2019 15:30

O percorrido do presidente en funcións comezaba neste aeroporto de El Altet, en Alacante, onde aterraba acompañado polo ministro do Interior. Alí agardaba o titular de Fomento.

Pedro Sánchez, Grande-Marlaska e José Luis Ábalos, partían en helicóptero pouco despois cara a Orihuela, localidade arrasada polo desbordamento do río Segura onde temporal deixa dous falecidos.

Nada máis chegar á casa do concello, onde se situa o posto de mando avanzado das operacións de rescate , Sánchez transmitiulles o seu apoio aos veciños.

Pouco despois, nunha comparececia diante dos medios, amosaba o compromiso do  goberno cos centos de damnificados desta catástrofe ainda en alerta por risco de novas chuvias e tormentas.

"Trasladar a solidaridade do Goberno de España e do conxunto da sociedade española coas vítimas e cos veciños afectados en Valencia como en Murcia e noutras partes de España pola  DANA e mostras condolencias cos familiares daquelas vítimas que perderon a súa vida nos últimos días . O Goberno de España vai intentar reconstruir e recuperar, polo menos dende o punto de vista material ocasionados polo Dana"

En  Murcia, visitou  a zona de los Alcacares, acompañado do Minsitro de Agricultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019