CRTVG

Buscar

A Revista

Visita Galicia Martín Ochoteco, famoso no mundo polo seu método de doma de cabalos sen violencia

Publicado o 09/08/2018 13:17

Esta semana estivo por Galicia Martín Ochoteco, un arxentino coñecido internacionalmente polo seu particular método de domar os cabalos sen violencia. En Teo impartiu un curso, organizado polo centro de formación Campus Stellae, e en Sabucedo compartiu experiencias cos aloitadores da Rapa das Bestas.

Non era o mellor día para ir en busca das greas de cabalos salvaxes de Sabucedo, a principios desta semana, pero o arxentino Martín Ochoteco tiña unha cita ineludible cos aloitadores da rapa das bestas. Martín cria cabalos dende os 12 anos e as súas técnicas non violentas de doma cruzaron fronteiras a través de diferentes documentais de televisión de canles internacionais. A base do seu traballo e da sua popularidade é amansar aos cabalos transmitindo confianza.

Nisto os aloitadores de Sabucedo din estar moi dacordo. Hai que primar o benestar animal. Por iso lles interesa os coñementos de Martín.

En Teo o arxentino impartiu un curso de doma sen violencia organizado polo centro de formación Campus Stellae. E ali puxo en practica as súas técnicas. O primeiro: non xerar, coitar o instinto de fuxida dos cabalos.

A súa técnica e os seus coñecementos espallaos a través de cursos por todo o mundo e di que o seu traballo non é so domar aos cabalos senon tamén á xente que os rodea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

09/08/2018