CRTVG

Buscar

Visita dos reis a Marrocos para potenciar a cooperación económica

Publicado o 13/02/2019 08:22

Os reis comezan hoxe un visita de Estado a Marrocos, acompañados de varios ministros e empresarios. A viaxe ten lugar despois de cinco anos e varios aprazamentos. Un dos obxectivos é promover un maior achegamento económico. De feito, vaise crear un consorcio formado por 30 empresas españolas e outras tantas marroquís, en busca de asociación e oportunidades de investimento.

Noticias web

13/02/2019