CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Visita do presidente de Cabo Verde a Burela

Publicado o 25/03/2017 21:27
O presidente da República de Cabo Verde continúa en Galicia e hoxe vén de facer unha parada especial en Burela, onde reside a comunidade máis numerosa de cidadáns desa nacionalidade. A visita serve para recoller as súas demandas e estreitar lazos.


Encontro da comunidade caboverdiana de Burela co presidente do seu país de orixe.

A visita serve para coñecer a realidade da vida en Burela e estreitar lazos entre os cidadáns dun e doutro continente.

Tamén aproveitouse a visita do presidente da república de Cabo Verde para pedir solucións aos problemas que teñen á hora de renovar a documentación.

Os primeiros caboverdianos chegaron a Burela hai máis de trinta e cinco anos e arestora xa van pola terceira xeracion.

A música e a gastronomía típica de Cabo Verde tamén tiveron o seu oco nesta visita institucional do presidente a Burela, onde residen preto de mil cidadáns desa nacionalidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí