CRTVG

Buscar

Viralízanse as aparicións dunha xubilada e as súas galiñas na TVG

Publicado o 04/03/2021 14:41

Argelia Taboada olla na Internet o vídeo da súa última aparición nun programa da Televisión de Galicia. Os espazos en que participaron ela e as súas pitas, especialmente a que leva o chaleco e que se chama Antonia, xa se converteron en todo un fenómeno das redes sociais e das canles on line con centos de milleiros de visitas. Unha fama que lle chega a esta veciña de Santiso aos 78 anos de idade e coa que di estar encantada.

Argelina Taboada, dona das galiñas: "Chaman de todos lados e mandan moitas mensaxes. Agora xa son moi coñecida en toda Galicia".

O que comezou sendo unha medida de protección fronte ao raposo -que xa lle matou trece galiñas- acabou sendo todo un fenómeno viral e Argelia recibe case a diario chamadas de amigos e familiares que viven fora de Galicia e que acabaron vendo a través da rede os videos que se emitiron nesta canle.

Argelia séntese cómoda sendo unha estrela das redes e da televisión e xa cavila novos proxectos. Haberá que estar atentos.

Noticias web

04/03/2021