CRTVG

Buscar

'Viradeira', nova serie da TVG, achéganos aos tesouros da costa galega

Publicado o 20/07/2017 15:18

A serie, que se comezou a gravar esta semana, e que trata sobre a busca dun barco afundido na costa galega

A costa galega está chea de tesouros. Tesouros naturais que podemos gozar a simple vista e tesouros misteriosos que, presuntamente, se atopan agochados nos barcos afundidos nas súas augas.

Proximamente, producirase unha carreira por conseguir un deses marabillosos tesouros. E poderémolo ver todos nunha nova serie, 'Viradeira'. 

'Viradeira' é a nova serie da Televisión de Galicia, que se comezou a gravar esta semana, e que trata sobre a busca dun barco afundido na costa galega.

Será unha serie de aventuras e de acción na que se mesturará o humor, o amor e o drama. Os protagonistas serán caras ben coñecidas por todos os espectadores.

E, ademais, o mar xogará un papel tan importante coma calquera outro personaxe.

A serie está a ser gravada en exteriores da costa galega e proximamente todos poderemos gozar con esta emocionante busca do tesouro.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2017