CRTVG

Buscar

Viqueira: "Tiven críticas dende o primeiro minuto, sen apenas marxe de confianza"

Publicado o 12/02/2019 18:20

E pasou por Ao contrataque da Radio Galega o ex-director deportivo do Lugo, Emilio Viqueira. Acompañado polo seu fiel colaborador José Luis Deus. Ambos os dous foron destituídos no Lugo. Viqueira non agochou que entre el e Tino Saqués había moitas diferenzas de criterio.

Sostén Emilio Viqueira que os traspasos de Ramón Azeez e Kravets foron decisións do presidente Tino Saqués. Tamén a fichaxe de Lebedenko.

A relación co xefe estaba deteriorada dende novembro. Viqueira non conectou con Lugo. Se falamos de erros nalgunhas fichaxes. Sete meses de relación liquidada cunha compensación económica que xa estaba pactada nunha cláusula do contrato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019