CRTVG

Buscar

Violencia en México pola morte dun detido nun calabozo policial

Publicado o 06/06/2020 11:57

A opinión pública mexicana coñeceu os detalles da morte de Giovanni López un mes despois de que morrera no calabozo dunha comisaría do estado de Guadalajara. O seu caso lembra o de George Floyd, nos Estados Unidos, xa que as dúas detencións foron gravadas en vídeo.

A autopsia de Giovanni confirma que faleceu dun traumatismo cranioencefálico e que tiña signos evidentes de golpes e tortura, así como un disparo nunha perna.
 

Noticias web

06/06/2020