CRTVG

Buscar

Violación múltiple dunha rapaza de 14 anos durante a Noitevella na Arxentina

Publicado o 04/01/2019 20:05

A Arxentina comezou este 2019 con novos casos de agresións sexuais a mulleres. O que máis conmocionou á sociedade foi sen dúbida o da menor, a rapaza de 14 anos que denunciou ter sido violada por 5 mozos durante a madrugada de Aninovo. A Xustiza xa ratificou a detención dos cinco acusados ó considerar que existe risco de fuga e tamén que poden entorpecer a investigación. Lembremos que dous deles confirmaron ter mantido relacións sexuais consentidas coa vítima. Nas vindeiras horas está previsto que a menor declare acompañada dun psicólogo.

A presunta violación múltiple da menor ocorreu nun camping da localidade de Miramar, na Costa atlántica bonaerense, onde miles de arxentinos -ao igual que a familia da vítima- pasan as súas vacacións estivais. A moza foi atopada pola súa nai nunha tenda de campaña xunto ós presuntos atacantes, nun caso que moitos xa comparan no país austral co de La Manada.

Mentres, centros de persoas manifestáronse na Arxentina pedindo que a Xustiza actúe rápido e con perspectiva de xénero neste tipo de delitos, porque só na Noitevella trascenderon alomenos outros dous ataques sexuais a menores no país.

 

Noticias web

04/01/2019