CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Vintecatro aniversario do atentado coanta a AMIA en Bos Aires

Publicado o 18/07/2018 21:27







A Arxentina lembrou hoxe as vítimas do peor ataque terrorista que sufriu o país, o perpetrado contra a mutua xudía AMIA, entre reclamos pola lentitude da Xustiza e a complicidade internacional con quen consideran autores intelectuais do ataque, que en 1994 deixou 85 falecidos e máis de 300 feridos.






24 anos despois, o peor atentado terrorista que sufriu a Arxentina, continúa impune e centos de persoas volveron congregarse fronte á sede da Mutua Xudía Amia para pedir memoria e xustiza para as 85 persoas que perderon a vida aquí, cando en 1994 un coche bomba deixou este edificio do barrio porteño de Once reducido rápidamente a cascallos.


Puntuais, ás 9: 53 da mañá, hora exacta da explosión, volveron soar as sirenas.
Despois, 1 minuto de silencio e o recordo para as 85 vítimas.

CORTE: JOANA LOSZ - Neta dunha das vítimas do atentado

"La verdad que siempre que vengo acá me tiembla todo el cuerpo".


CORTE: CLAUDIA FLORES - Traballadora da AMIA
"Terrible, es muy emotivo, es muy conmovedor, encima estar acá a la misma hora, en el mismo lugar, todos los años y sin justicia".


No acto estivo presente o secretario xeral da Organización de Estados Americanos, Luis Almagro, quen brindou o seu compromiso para que os iranianos acusados como autores intelectuais da masacre deixen de gozar de privilexios internacionais e sexan capturados, xulgados e castigados.



CORTE: Luis Almagro - Secretario Xeral da Organización dos Estados Americanos
"É clara a responsabilidade que ten Irán respecto a esta inxustiza e impunidade. É clara a súa falta de colaboración coa Xustiza. Está claro que esto non pode ser admisible".


Nunha reunión previa cos familiares, o presidente Mauricio Macri tamén se comprometeu a pedir axuda á ONU para que a causa avance dunha vez por todas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/07/2018