CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Vinte e tres millóns de arxentinos elixen o sucesor da presidenta Cristina Kirchner

Publicado o 25/10/2015 14:53
Os arxentinos elixen hoxe o sucesor da presidenta Cristina Kirchner.
As urnas paras estas eleccións presidenciais e lexislativas arxentinas estarán abertas ata as seis da tarde na Arxentina, dez da noite en Galicia.
Se os estudos preelectorais acertan, o oficialista Daniel Scioli gañará claramente pero non terá os votos suficientes para saír elixido presidente nesta primeira volta.
As mesmas enquisas sitúan o opositor Mauricio Macri en segunda posición, e moi distanciado dos dous, o peronista disidente Sergio Massa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí