CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Vinte e catro mortos e 4 feridos nun incendio rexistrado nunha escola relixiosa de Malaisia

Publicado o 14/09/2017 15:09


Vinte e tres persoas morreron, a maioría delas menores de idade, e catro máis quedaron feridas no incendio rexistrado nunha escola relixiosa da capital de Malasia, Kuala Lumpur.
O lume iniciouse preto da porta de acceso á planta alta do edificio, onde están os cuartos dos estudantes, que non puideron escapar ao estaren as fiestras enreixadas.
Segundo os bombeiros, a causa máis probable do incendio foi un fallo eléctrico.
A escola relixiosa non tiña ningún tipo de permiso de apertura nin licenza de actividade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí