CRTVG

Buscar

Vinte detidos e trece mulleres liberadas dunha rede de tráfico de persoas

Publicado o 22/05/2019 07:52

Vinte detidos e trece mulleres liberadas nunha operación contra o tráfico de persoas. A Garda Civil desartellou en Xirona e Valencia unha rede internacional que explotou sexualmente máis de 40 mulleres romanesas en varios países europeos. Captábanas co método que chaman loverboy, simulando ser namorados delas, para introducilas na prostitución, que exercían á forza e en condicións de semiescravitude. Por exemplo, con xornadas de traballo de máis de 14 horas e tendo que vestir só roupa interior en pleno inverno en rúas que a organización controlaba. Os explotadores enviaban os beneficios a Romanía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019