CRTVG

Buscar

A muralla de Lugo cumpre vinte anos como Patrimonio da Humanidade

Publicado o 29/11/2020 14:41

Sería imposible entender Lugo, ou os lugueses, sen a súa muralla. Un elemento integrador con dezasete séculos de histoira que está absolutamente vivo grazas a que os veciños fan seu cada día coma se fose unha rúa máis da cidade, unha rúa circular de algo máis de dous quilómetros que este luns fai vinte anos que pertence a toda a humanidade.

A declaración de que a muralla pertence a toda a humanidade supuxo, tamén, un antes e un despois para a cidade. Os lugueses aínda lembran o antes e despois. Unha muralla acolledora cos novos lugueses que enseguida a interiorizan.

As medallas de ouro de Lugo, o máximo disitintivo da cidade, cadran por iso co 30 de novembro, este ano un recoñecemento a todos os colectivos que estiveron dándoo todo cando chegou a pandemia.

 

Noticias web

29/11/2020