CRTVG

Buscar

Vinis Terrae, un escaparate internacional para 69 adegas galegas

Publicado o 15/06/2021 15:17

En Ourense, 69 adegas galegas buscan novos mercados para os seus viños na feira Vinis Terrae. Unha cita profesional na que participan importadores de 25 países. Se a cita remata ben os viños desta colleiteira do Ribeiro serviranse nas mesas dalgúns restaurantes polacos.

Vinis Terrae casa a oferta e a demanda con encontros presenciais e tamén virtuais, nos que o importador cata desde a casa uns viños que marcan a diferenza. Despois dun ano moi duro, con perdas de mais do 50 % das vendas na hostalería, as adegas precisan dar saída aos viños e coller folgos para a seguinte vendima.

Produtores das cinco denominacións de orixe, as indicacións xeográficas dos viños e os licores tradicionais están presentes nesta novena edición da feira, na que toca brindar pola recuperación e a conquista dos mercados internacionais.

Noticias web

15/06/2021