CRTVG

Buscar

Vincios celebra unha xincana de chimpíns para financiar as festas parroquiais

Publicado o 17/05/2017 20:50

Para triunfar nesta proba cómpre máis ter xeito que moitos cabalos de potencia. En xogo estaban un costeleiro, unha folla de bacallau e unha restra de chourizos

Esta tarde ruxiron os motores nunha carreira moi disputada que se celebrou na parroquia gondomareña de Vincios. Nesta proba máis importante cós cilindros foi a habelencia dos pilotos xa que os vehículos participantes eran chimpíns e carretillas. 

Piloto de chimpín non é calquera.

O circuito de Vincios púxose de gala para acoller a súa primeira xincana de chimpíns e carretillas en beneficio da comisión de festas de Santa Mariña. 

Para triunfar nesta proba cómpre máis ter xeito que moitos cabalos de potencia. En xogo estaban un costeleiro, unha folla de bacallau e unha restra de chourizos.

Os cartos recadados na xincana contribuirán a custear as festas parroquiais, que se celebrarán do 14 ao 18 do vindeiro mes de xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2017