Vimianzo pasa ao nivel 2 tras catro meses de peche perimetral
Publicado o 23/02/2021 15:21
Dende o pasado 30 de outubro, os veciños do municipio coruñés de Vimianzo levan convivindo con duras restricións e un peche perimetral que repercutiu duramente na economía e no ánimo da veciñanza.
As novas medidas que entran en vigor este venres, coa apertura da mobilidade entre concellos do mesmo nivel de afectación, trouxeron alegría ao municipio.
O sector da hostalaría foi un dos grandes afectados deste longo peche. Para eles, a reapertura das terrazas cunha ocupación do 50 % supón un cambio moi importante. Xa este martes algúns comezaban cos preparativos para ter todo listo con vistas ao día 26.