Vimianzo é un dos concellos con maior incidencia de Galicia
Publicado o 12/01/2021 15:08
Lonxe de baixar, os positivos por covid nos concellos da Costa da Morte seguen en ascenso. Vimianzo é o concello mais afectado. Cunha incidencia de 1.545 casos, en relación ao seu nivel de poboación sitúase entre os concellos máis afectados de Galicia.
Dous meses de restricións e de peche perimetral non permitiron mellorar as cifras. Tampouco os sucesivos cribados para detectar asintomáticos.
Na residencia de maiores Domus Vi rexistrouse un novo falecemento. Neste centro está activo un gromo que afecta 69 residentes e 26 traballadores. Ante esta situación os veciños prepararse para posibles restricións.
Os contaxios aumentan noutros concellos da Costa da Morte, especialmente en Camariñas e Laxe.