CRTVG

Buscar

Villoslada e Caballero confrontan os seus proxectos de partido para o PSdeG nun debate

Publicado o 05/10/2017 21:20

A tres días das primarias no PSdeG os dous candidatos á Secretaría Xeral confrontaron os seus proxectos de partido nun debate. Juan Díaz Villoslada volveu criticar o pacto de Gonzalo Caballero con Xoaquín Fernández Leiceaga. Os dous candidatos tamén mostraron as súas diferenzas respecto á unidade do partido.

Os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG espuxeron os seu proxectos en materia económica e social con posturas semellantes, pero as diferenzas fixéronse evidentes no momento de falar do seu proxecto de partido. A unidade do PSdeG non ten a misma importancia para Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada. O debate tensouse polo pacto entre Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga, que retirou a súa candidatura ás primarias. Villoslada cre que o acordo escurece o proceso e que non se anunciou no momento axeitado.

O vindeiro domingo, a militancia do PSDdeG decidirá quen dos dous será o secretario xeral dos socialistas galegos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017