CRTVG

Buscar

Villegas e De Páramo anuncian que deixan a dirección de Ciudadanos

Publicado o 21/11/2019 19:53

A debacle electoral segue pasando factura en Ciudadanos. Dous dos principais responsables da campaña dan un paso atrás: o secretario xeral, José Manuel Villegas non seguirá na dirección do partido cando se renove a cúpula.

José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos, dixo que "non vou optar nese congreso de marzo a seguir sendo secretario xeral nin vou estar en ningunha das listas que vaian a esa nova executiva"

Villegas, que seguirá á fronte de Ciudadanos nestes meses de transición, non logrou escano nas últimas eleccións. Si o fixo o responsable de Comunicación, Fernando Páramo, pero non tomará posesión del. Este xoves anunciou a súa retirada da política. Son dos dous últimos pesos pesados que abandonan o proxecto, despois dos moitos que nos últimos meses o fixeron por discrepancias cos cambios de rumbo do partido laranxa. Deixan a Inés Arrimadas coas mans libres para deseñar unha dirección ao seu gusto se, como auguran as quinielas, se convirte en marzo na sucesora de Albert Rivera.

Últimos abandonos

José Manuel Villegas e Fernando de Páramo súmanse a unha lista máis ampla de abandonos en Ciudadanos. Velaquí os máis destacados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí