CRTVG

Buscar

Villares reivindica a coherencia de En Marea fronte á nova coalición

Publicado o 25/03/2019 20:52

O voceiro de En Marea reivindica a coherencia de En Marea fronte á nova coalición. Luís Villares lembrou que tres dos candidatos de En Común-Unidas Podemos votaron tramitar os presupostos a pesar de seren, dixo, lesivos con Galicia.

"Nós reivindicámonos como unha forza política coherente e consecuente e que, polo tanto, non decepciona. Non decepciona porque a maior decepción que pode haber é non ser coherente entre o que se di e o que se fai... Sopas de siglas por seren sopas de siglas non suman máis, por ser as siglas máis longas", dixo o voceiro de En Marea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019