CRTVG

Buscar

Villares recoñece contactos para unha lista única ante as xerais

Publicado o 22/02/2019 20:04

Luís Villares proponlle a Podemos, Esquerda Unida e Anova que sexan os seus militantes os que escollan como concorre En Marea ás eleccións xerais. E recoñece contactos cos partidos da coalición para presentar unha lista única ás eleccións xerais. "Si, estamos traballando niso", recoñecía Villares en rolda de prensa.

Unhas negociacións que negaba minutos despois Marcos Cal. O deputado autonómico de En Marea e membro de Podemos Galicia di que non tiveron contacto ningún coa dirección de En Marea. Asegura que se o hai, estan dispostos a escoitar calquera tipo de proposta"
Pero a pesar da confrontación pública, en Madrid, confían no acordo.

"Non creo que haxa ningún problema en Galicia para concorrer xuntos ás eleccións. Creo que é máis ben froito das argalladas previas a calquera acordo final" afirmou Gloria Elizo, secretaria de Acción Institucional de Podemos A coordinadora de Anova decide este sábado a súa postura nestas negociacións.

Compromís invita a En Marea

Representantes de En Marea participan, en Valencia,  nun encontro con formacións politicas de toda España, para impulsar unha ampla coalición de esquerdas con vistas ás eleccións europeas. A xuntanza foi promovida por Compromís. En Marea participou neste primeiro grupo de traballo pero non decidirá con quen concorre ata que resolva o seu conflito interno.

 

Noticias web

22/02/2019