Villares non ten pechadas alianzas se se repiten as eleccións
Publicado o 26/08/2019 17:45
O voceiro nacional de Anova e viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, di que o seu obxectivo é traballar nas políticas que solucionen os problemas da xente a advirte de que non se pode estar sempre centrado no electoral.
Neste senso, o voceiro do Grupo Mixto, Luís Villares, asegura que En Marea non ten pechada a decisión sobre posibles alianzas se se repetisen as eleccións xerais.