CRTVG

Buscar

Villares: "Feijóo falou dos números para evitar falar dos problemas da xente"

Publicado o 09/10/2018 13:02

Luís Villares, voceiro de En Marea, valora a intervención do presidente da Xunta no Debate sobre o Estado da Autonomía. 

"Feijóo falou dos números para evitar falar dos problemas da xente". 

"Desde o anterior debate, temos catro persoas falecidas nos incendios e unha persoa falecida polos seus recortes na sanidade". "Temos un presidente ausente, sen corazón e sen ideas". 

"Os problemas da cidadanía galega son tres e non foron tratados. Non se falou dos recortes na sanidade, non se falou dos profesores que faltan no sistema educativo e tampouco dos problemas que existen en problemas sociais". "Outro dos problemas é a precariedade laboral e non escoitamos ningunha proposta laboral". "O terceiro grande problema é a autoridade e non vimos por parte do presidente unha reprobación aos alcaldes machistas". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2018