CRTVG

Buscar

O grupo de En Marea traballa na confección do programa electoral para o 28-A

Publicado o 23/03/2019 15:30

En Marea reuniuse este sábado en Vigo nunha convención de traballo para avanzar na confección do seu programa electoral para as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril. Liñas que pasan, segundo avanzou o voceiro da formación, Luís Villares, por desbotar ideas do pasado, como a lei mordaza e a reforma laboral, e por non ofrecer cheques en branco.

Neste senso, Villares presentou a En Marea como a única forza política galega capaz de determinar en positivo a gobernabilidade do Estado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2019