CRTVG

Buscar

Villares chama os críticos de En Marea a pasar páxina do conflito das primarias

Publicado o 10/01/2019 19:10

Villares chama os críticos de En Marea a pasar páxina do conflito das primarias que puxeron a formación á beira da ruptura. Di que é importante centrarse nos problemas de Galicia e nos inminentes procesos electorais, e apela sobre todo á responsabilidade de Podemos.

"Quen chama a romper chama a fracasar", asegura.

E quítalle importancia ao distanciamento dos alcaldes das mareas coa dirección do partido.

"Non é importante se Xulio e Martiño están con En Marea, senón se En Marea está con eles. E a resposta é rotundamente si. En Marea está con Xulio e con Martiño e Luis Villares está con Xulio Ferreiro e Martiño Noriega. Sen ningún tipo de dúbidas, se ningún tipo de fisuras", dixo Villares.

Non teme, asegura, que pretendan substituílo como voceiro do grupo parlamentario. Esquerda Unida, que non acepta o resultado das primarias, apela á súa responsabilidade.

"A ninguén lle escapa que esas diverxencias co voceiro afectan as relacións dos deputados e deputadas co voceiro. Eu o que agardo pola súa parte e que exerza con responsabilidade intentando representar o conxunto do grupo e non só unha parte", di a coordinadora nacional de Esquerda Unida.

Eva Solla asegura que de momento Esquerda Unida seguirá traballando coma ata agora no Parlamento galego.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019