CRTVG

Buscar

Villares defende que se acuda ás listas se hai remuda no escano de Manuel Lago

Publicado o 14/01/2020 15:17

A posible marcha de Manuel Lago a Madrid para ser asesor no Ministerio de Traballo podería abrir unha nova crise entre o Grupo Común da Esquerda e En Marea. Se Lago deixa a acta de deputado, algo que polo momento non está confirmado, a seguinte que entraría sería Mariló Candedo, afín a Luís Villares.

Candedo xa foi protagonista involuntaria das diferenzas que houbo para a elección do senador por designación autonómica no mes de xuño e que acabou coa ruptura definitiva de En Marea. Villares lembrou que a remuda de Manuel Lago hai que solucionala acudindo ás listas confeccionadas para as autonómicas de 2016 e a seguinta nesa lista é Candedo.

Villares respondía así a estas declaracións de Luca Chao en que cuestionaba que o escano de Manuel Lago puidese acabar en mans de En Marea.

Se finalmente se confirma a entrada de Mariló Candedo na cámara galega o Grupo Mixto pasaría a ter cinco deputados, o mínimo para poder constituír grupo propio. Villares xa anunciou que o solicitará en canto se produza a remuda.

Noticias web

14/01/2020