CRTVG

Buscar

Villares defende En Marea fronte á "política de despachos" doutras formacións

Publicado o 16/03/2019 18:50

Para os vindeiros comicios xerais haberá cambios significativos na esquerda. En Marea fracturouse. Podemos e Esquerda Unida irán por unha banda e Anova decidiu non concorrer tras o fracaso nas negociacións.

En Marea preséntase ás xerais con persoas afíns a Luis Villares. Hoxe puidemos ver o líder da formación sacando a foto de familia acompañado dos membros das candidaturas para o Congreso e o Senado. Villares dixo que o espirito da súa formación non mudou e o que mudaron foron os que se apartaron da marca En Marea, aos que acusou de apostar pola política de despachos no canto da política de participación cidadá. 

 

 

 

 

Noticias web

16/03/2019