CRTVG

Buscar

Villares cre que Paula Quinteiro seguirá o exemplo de Juan Merlo e dimitirá

Publicado o 16/04/2018 15:24

O voceiro de En Marea está convencido de que a deputada Paula Quinteiro, implicada hai un mes nun incidente coa Policía Local de Santiago, acabará seguindo o exemplo de Juan Merlo, que dimitiu ao transcender que inflara o seu currículo. Na Radio Galega, Villares tamén indicou que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, se equivoca ao rexeitar unha consulta ás bases. 

"Trátase de ser coherente cos principios éticos de En Marea, non de darme a razón a min. As actas son dos deputados, eles deciden. Son partidario de que cadaquén faga o seu propio camiño cun tempo prudencial".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018