CRTVG

Buscar

Villares acusa a Pablo Iglesias de querer romper o grupo parlamentario de En Marea

Publicado o 04/06/2019 19:44

A elección de senadores por designación autonómica, que se ía celebrar a semana que vén, atrasouse a petición do PP problablemente ata finais de mes. A En Marea correspóndelle designar un senador pero o grupo parlamentario está dividido sobre o nome e se non hai acordo ou o grupo rompe, poderían perdelo a favor do PSdeG. A dirección de En Marea designou a Mariló Candedo, pero sen a presenza dos críticos. Podemos, Anova e Esquerda Unida non están de acordo.

Para Villares, só hai un culpable desta división: "A dirección estatal de Podemos con Pablo Iglesias á fronte está empeñada en destruír este grupo parlamentario e en destruír a convivencia e en destruír a confluencia. En Marea como grupo parlamentario, En Marea como proxecto político non é propiedade de Pablo Iglesias".

As críticas a Pablo Iglesias aumentan desde as confluencias e dentro da formación morada. Pero na dirección de Podemos cren que no é o momento de airear discrepancias.

"O que non se nos pode esquecer é que estamos nunhas negociacións moi importantes que lle poden cambiar a vida á xente. Iso é o que nos ten que ocupar", dixo a voceiro do Consello de Coordinación de Podemos.

Pero a pesar deste chamamento, territorios como Aragón ou Andalucía levarán ao Consello Cidadán Estatal de Podemos do sábado as súas críticas á dirección polos resultados electorais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019