CRTVG

Buscar

Villarejo sairá da prisión de Estremera nas próximas horas

Publicado o 03/03/2021 17:00
Villarejo sairá da prisión de Estremera nas próximas horas

O xuíz da Audiencia Nacional, Manuel García Castellón, deixa en liberdade provisional o excomisario José Villarejo. Atende así a petición da Fiscalía anticorrupción, que reclamaba a súa excarceración porque non vai ser xulgado antes de novembro, cando se cumpre o prazo máximo de catro anos que permite a lei para permanecer en prisión preventiva.

Villarejo sairá da prisión madrileña de Estremera nas próximas horas. Porén, deberá cumprir unha serie de medidas cautelares. Terá que comparecer a diario nos xulgados; retíraselle o pasaporte; non pode abandonar o territorio nacional e está obrigado a comunicar calquera cambio de domicilio ou residencia.

Noticias web

03/03/2021