CRTVG

Buscar

Villarejo enfróntase a cen anos de cárcere no seu primeiro xuízo polo caso Tándem na Audiencia Nacional

Publicado o 13/10/2021 15:30

O excomisario José Manuel Villarejo enfróntase a cen anos de cárcere no macroxuízo que comezou na Audiencia Nacional. O tribunal xulga tres pezas separadas do caso Tándem, tras case catro anos de instrución policial. Villarejo está acusado de realizar presuntos traballos de espionaxe durante décadas por encargo de particulares e empresas, valéndose do seu cargo na Policía Nacional.

No banco dos acusados sentan 27 persoas, incluídos a muller e o fillo do comisario xubilado, que á súa chegada ao xuízo defendía a súa inocencia.

Noticias web

13/10/2021