CRTVG

Buscar

Conmoción na localidade de Burgos onde o home matou a muller e feriu o fillo

Publicado o 01/08/2019 15:34

Conmoción na pequena localidade burgalesa onde un home matou a súa muller, feriu gravemente o seu fillo e despois se suicidou. Foi a filla da parella quen alertou do sucedido cando regresou á casa e atopou os corpos dos seus pais e do seu irmán tendidos no chan. 

Bandeiras a media hasta e tres días de loito en Villagonzalo Pedernales, a localidade burgalesa de pouco menos de dous mil habitantes, conmocionados polo sucedido.

Foi aquí onde Rafael Velázquez, de 56 anos, matou coa súa escopeta de caza a súa muller Josefa, de 55, e feriu gravemente o seu fillo de 29; despois suicidouse.

A filla da parella, que non estaba na casa, atopou os corpos tendidos no chan cando regresou á vivenda en que vivían os catro.

Nada máis alertar do sucedido, o fillo foi trasladado de urxencia ao hospital, onde permanece ingresado en estado grave.

A filla relatoulles aos axentes que non houbera nunca situacións de violencia na casa por parte do pai, un empregado de banca que onte se prexubilaba.

Os veciños concentráronse esta mañá para gardar un minuto de silencio e para expresar a súa respulsa polo acontecido. Coa morte de Josefa son xa 37 as mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas nestes sete meses do 2019.






 

Noticias web

01/08/2019