CRTVG

Buscar

Vilaxoán despide a don Lino Arcos, o seu párroco máis querido

Publicado o 14/09/2020 14:27

Un home bo, preocupado e sempre disposto a axudar. Así o cualifican os veciños de Rubiáns e Vilaxoán, que hoxe se achegaron a darlle o último adeus a don Lino Arcos, o sacerdote de 90 anos que faleceu este sábado deixando un gran baleiro entre os seus fregueses, que só teñen palabras de afecto para el.

No acto non só estaban veciños de Vilaxoán. Tamén se achegaron dende outras zonas onde don Lino fora antes párroco. Segundo nos contan, era un home que deixaba pegada na xente e por iso, numerosas persoas quixéronse achegar ata a zona para despedilo.

Salientan del o seu afán por axudar e o don que tiña sobre todo coa xente nova.

Todos coinciden en que é unha gran perda e será moi difícil esquecelo.

Noticias web

14/09/2020