CRTVG

Buscar

Vilas e cidades de toda Galicia saen á rúa este luns en protesta pola violencia machista

Publicado o 10/02/2020 15:20

Este serán hai conovocadas en ducias de vilas de toda Galicia concentracións e manifestacións de protesta polo último crime machista.

Esta mañá, o Parlamento de Galicia amosou a súa condena polo crime machista de Lugo. Deputados e funcionarios gardaron un minuto de silencio ás portas do Hórreo. O presidente do Parlamento, a valedora do pobo e todos os grupos políticos mostraron así a súa repulsa ao crime e o apoio á familia da vítima.

Minuto de silencio tamén ás portas de San Caetano. Co mesmo obxectivo, o de rexeitar contundentemente a violencia machista. O Goberno galego e traballadores condenaron o crime de Lugo e pediron á sociedade que non cale ante calquera xeito deviolencia.

Noticias web

10/02/2020