CRTVG

Buscar

Vilas do interior de Galicia, como O Carballiño, duplican poboación no verán co regreso dos emigrantes

Publicado o 30/07/2019 11:54

O noso país énchese estes días de turistas, pero tamén de emigrantes que veñen pasar as vacacións á vila ou á aldea natal que tiveron que abandonar para buscar traballo. O Carballiño é un bo exemplo deste caso, xa que no verán chega a duplicar a súa poboación, sobre todo con mexicanos e panameños.

As rúas do Carballiño bolen de vida estes días. A cada paso que damos corroboramos a numerosa presenza de emigrantes que veñen pasar as vacacións á vila da que tiveron que partir para buscar traballo.

É a seguridade e as ofertas de ocio e lecer o que máis valoran do noso país os emigrantes que viven en América.

A poboación en concellos coma o Carballiño chega a duplicarse no verán.

Benefíciase moito deste ambiente o comercio. Na hostalaría, as vendas aínda se incrementan máis. Din dende a asociación de comerciantes que a case a metade do que facturan en todo o ano é no verán.

 

Noticias web

30/07/2019