CRTVG

Buscar

Vilarreal e Atlético comparten puntos e problemas na Cerámica (0-0)

Publicado o 07/12/2019 13:20

Tralo empate sen goles desta xornada en Vilarreal, o Atlético acumula 7 encontros sen gañar e rexistra apenas 16 goles en 16 partidos. Cando a Simeone lle preguntan a razón, teno claro. Ansiedade. Así o xustificou. Mais nun repaso do acontecido no partido, comprobamos ese tiro do Joao Félix.

Estoutra opción -dentro da primera parte- pro portugués a pase de Saúl. E, xa no segundo tempo, o máis salientable foi esta chegada de Lodi. Noutro tempo, igual lles tería chegado pra gañar, pero agora non.

Simeone fala de ansiedade. Claro que o Vilarreal tamén pode dicir o mesmo. Porque tamén as tivo. Como esa de Castillejo que topou con Oblak. Ou estoutra nada máis principiar a segunda parte. E mesmo poderían os amarelos falar da arbitraxe. Do penalti que lle reclamaron a Hernández Hernández e que acabou por asubiar contra o Vilarreal, por entender xogo perigoso de Moi a Arias. Aquí semella acertar o colexiado. Mais non ao fío do descanso cando lle perdou a segunda amarela e a expulsión a Morata por solta-lo brazo.
De todo iso non fala Simeone. Resume a situación con ansiedade , palabra comodín no fútbol que remata do mesmo xeito que identidade. Pero que como sabemos fai referencia a outro tipo de problema.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019