CRTVG

Buscar

Vilariño e Ares, dous pilotos galegos que intentan brillar fronte ao Coliseo de Roma

Publicado o 24/07/2021 15:15

Arrancou en Roma a terceira proba do campionato europeo de rallys, un escenario emblemático para a primeira cita sobre asfalto, en que por certo medra a presenza de nacionais. Iván Ares e David Vázquez incorpóranse ao batallón de contendentes. A pelexa está servida nun campionato marcado pola elevada competitividade.

No tramo de clasificación remataron de vixésimos terceiros. Outro dúo galego, o composta por Luis Vilariño e José Murado, foi o vixésimo sexto.

Entre este sábado e mañá correranse os trece treitos restantes, en total 190 quilómetros cronometrados. Finalizado o terceiro treito deste sábado, Ares é o vixésimo segundo, Vilariño o vixésimo quinto. Unha praza por debaixo están Javier Pardo e Adrián Pérez.

Noticias web

24/07/2021