CRTVG

Buscar

Vilar de Barrio e Baleira, entre os concellos con maior porcentaxe de vacinación

Publicado o 29/08/2021 21:12

Galicia recibiu ata o momento 4.074.675 doses de vacinas e puxéronse practicamente todas, o 99 por cento. Dous millóns de galegos teñen a pauta completa. Das sete cidades grandes destacan Lugo, Ourense e Santiago, que superan levemente a barreira do 80 por cento de poboación vacinada. Máis atrás quedan Vigo, con case o 76 por cento, e A Coruña, co 78 por cento.

Entre os concellos máis pequenos sobresaen dous: Baleira, na provincia de Lugo, e Vilar de Barrio, en Ourense. En ambos a porcentaxe de poboación maior de 12 anos vacinada supera lixeiramente o 90 por cento. 

En Vilar de Barrio, con 1.300 habitantes e sete casos positivos agora mesmo, teñen claros os motivos dunha porcentaxe de vacinación tan alta, o 91,44 por cento. Alí algúns xa están preparados para unha terceira dose, en caso de que se aprobe.

Dentro da provincia da Coruña, a vacinación avanza a bo ritmo en Sobrado, onde tamén andan polo 90 por cento de vacinados. En Agolada, en Pontevedra, van por algo máis do 86 por cento.

 

Noticias web

29/08/2021