CRTVG

Buscar

Vilanova dos Infantes regresa ao ano 1900

Publicado o 17/05/2019 21:48

Ao son da zanfoña, o cego de Matamá recita as súas coplas cargadas de retranca... é unha das imaxes que nos devolve a finais do século XIX cando por estas rúas de Vilanova podía verse, como hoxe, traballar aos artesáns.. Mans que aprenderon o oficio dos seus pais.... capaces de crear pezas únicas.

As rúas deste burgo medieval convértense cada 17 de maio nun escaparate do máis destacado da nos etnografía. Desta volta, o protagonismo foi para as feiras do gando con exhibición de razas autoctóconas.

Gando imprescindible para isto, para traballar. Unha imaxe hoxe en día case esquecida que moitos queren recuperar adaptándose aos novos tempos.

Unha ampla oferta gastronómica e actuacións de danza e música completan esta viaxe ás raíces da nosa cultura.

Noticias web

17/05/2019