Vilanova de Arousa, no nivel máximo de restricións
Vilanova de Arousa, cunha poboación de algo máis de 10.200 habitantes, contabiliza nos últimos 14 días 37 novos contaxios. Isto sitúa a incidencia acumulada en 350 casos por 100.000 habitantes. Para poñerlle freo, desde hoxe o Concello está no nivel máximo de retricións. Está pechado perimetralmente, prohíbense as reunións de non conviventes e a hostalería tamén está pechada e só pode servir para levar. No sector séntense, unha vez máis, sinalados sen motivo.
As consecuencias económicas destas medidas preocupan tamén no sector do comercio, mentres o cansazo e a resignación esténdense entre a veciñanza. Canda Vilanova, outros 4 concellos seguen en nivel máximo de restricións: O Grove, A Pobra do Caramiñal, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.